A fase final da liga Galega de Bádminton estrea a nova pista do CGTD
Por Redacción
O pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva estreará este sábado 9 de decembro a súa recente reforma na pista de xogo coa celebración da Fase Final da Liga Galega de Clubs de Bádminton.
A competición, organizada polo Ravachol Pontevedra co apoio da Federación Galega de Bádminton, reunirá desde as 10:00 horas da mañá preto dun cento de deportistas en categoría absoluta pertencentes a 18 clubs da comunidade.
"Creo que va a ser la primera de muchas", sinalou o presidente da federación, Rodrigo Sanjurjo, en relación ao recente rexurdir desta modalidade deportiva na cidade. De feito a Boa Vila acollerá tamén esta tempada o Campionato Galego.
A xornada decidirá quen serán os campións autonómicos nun torneo con enfrontamentos entre equipos ao mellor de cinco encontros (4 individuais e un de dobres).
A entrada ao CGTD será de balde para o público.
Relacionadas:
-
O Bádminton Ravachol Pontevedra sóbe ao podio na Liga Galega de Clubs
Por Redacción |
-
RADIO.- Sairán novos Pablo Abián ou Carolina Marín de Pontevedra?
Por Marisa Ciordia |
-
Exitoso debut do Bádminton Ravachol Pontevedra na liga de Segunda Nacional
Por Redacción |
-
Positiva estrea do Trofeo Cidade de Pontevedra de bádminton
Por Redacción |