Alberto Salcedo destaca no II control de inverno en Sevilla
Por Redacción
Coma se dun agasallo de Nadal se tratara, o pasado 23 de decembro deleitounos Alberto Salcedo con dous grandes rexistros no II control de inverno que tivo lugar na Cartuxa, Sevilla.
O actual campión de España universitario de 200 metros lisos e subcampión dos 100 obtivo a segunda mellor marca da súa serie nos 60 metros lisos e a cuarta mellor de toda a competición, cun crono de 7.04, competindo contra algúns dos mellores atletas do panorama nacional.
Mellor aínda foi o seu resultado nos 200 metros, nos que non só chegou en primeira posición senón que conseguiu baixar dos 22 segundos a estas alturas da tempada, parando o reloxo en 21.90.
No mesmo control de marcas, Alberto Guerrero correu os 3000 metros en 8:22:78 o que é a súa mellor marca persoal nesta distancia, nun atleta que habitualmente destaca no medio fondo.
Así, Salcedo e Guerrero comezan unha tempada que se antolla prometedora e que, seguro, dará moitas alegrías tanto persoais como a nivel grupal á Sociedad Gimnástica.
Relacionadas:
-
Ouro masculino e bronce feminino para a Gimnástica na Copa Galicia de Clubs
Por Redacción |
-
A Copa de Clubs de Pista Cuberta, primeiro test serio para a Sociedad Gimnástica
Por Redacción |
-
A Gimnástica non perdeu a estrea da pista de atletismo cuberta de Ourense
Por Redacción |
-
A San Silvestre amplía o seu percorrido nun quilómetro
Por Diego Espiño |
-
O Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra non terá sexta edición
Por Diego Espiño |