Irene Trabazo imponse a Lucía Vázquez e coróase como campioa galega de ciclocrós
Por Redacción
A marinense Irene Trabazo segue engordando o seu palmarés deportivo. Puxo o broche de ouro á súa tempada ao proclamarse campioa de Galicia de ciclocrós, nunha proba que se disputou no circuíto santiagués de San Lázaro.
Tanto Trabazo como o gañador na categoría masculina, Iván Feijóo, ambos os sub-23, ratificaron a súa condición de grandes dominadores autonómicos desta modalidade sobre un embarrado trazado e ante adversas condicións atmosféricas.
Na carreira estrela feminina, Irene Trabazo triunfou con absoluta solvencia. A corredora do Marín Ottoman avantaxou en 3:38 á elite Lucía Vázquez (ProRebordosa) e a terceira praza correspondeulle á gañadora júnior Andrea García (Cambre Renault Caeiro).
Este campionato pechou unha tempada para o recordo no ciclocrós galego con catorce probas e unha media de participación de 250 corredores.
A seguinte cita para os especialistas nesta modalidade será na segunda fin de semana de xaneiro o Campionato de España na localidade guipuscoana de Legazpi.
Relacionadas:
-
Irene Trabazo asina en Nommay o seu mellor papel na Copa do Mundo de ciclocrós
Por Redacción |
-
Irene Trabazo, convocada para o Campionato do Mundo de Ciclocrós
Por Diego Espiño |
-
Irene Trabazo colga a medalla de prata no Campionato de España de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Irene Trabazo e Zoe del Río, representantes do Club Ciclista Marín no Nacional de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Recepción municipal a Irene Trabazo tras vencer na Copa de España Sub-23 de ciclocrós
Por Redacción |
-
Irene Trabazo cúrtese na Copa do Mundo de Ciclocrós
Por Redacción |