A San Silvestre de Marín, este domingo coa Subida a Castro
Por Redacción
Unha semana despois da data prevista inicialmente, Marín celebrará a súa tradicional San Silvestre. Será este domingo 7 de xaneiro, a partir das once da mañá. A cita, coa denominada Subida a Castro.
A edición deste ano, a número 11, foi aprazada o pasado día 31 de decembro por motivo do temporal.
Comezará coa carreira de adultos -de sete quilómetros- e coa saída da terceira andaina "Marabillas na casa". A continuación, a partir das 11:45 horas, tocaralles aos máis pequenos, que terán a súa propia carreira.
Finalizado o aspecto deportivo, o V Concurso de Tortillas e unha degustación de callos farán as delicias dos participantes e afeccionados que se acheguen a presenciar a carreira nunha mañá, a do domingo, que se espera teña gran afluencia de público.
O evento está organizado pola Asociación Serraseca de Castro e conta coa colaboración do Concello de Marín.