O BM Guadalajara, último escollo do Teucro cara á Final a 8 da Copa do Rei
Por Redacción
Duro rival para o Condes de Albarei Teucro o que deparou o sorteo da cuarta eliminatoria da Copa do Rei de balonmán.
O equipo que separa aos azuis da Final a 8 da competición, agora a un só paso, é o Quabit Guadalajara, actual segundo clasificado da Liga Asobal, ao que a pesar de todo xa lle conseguiu vencer na primeira volta ligueira no Pavillón Municipal dos Deportes.
O choque de ida desta eliminatoria disputarase inicialmente o día 7 de marzo en Pontevedra, mentres que a volta terá lugar na localidade manchega o día 14 do mesmo mes.
O resto de enfrontamentos da cuarta rolda do Torneo do K.O. son: Ciudad Encantada- Anaitasuna, Atlético Valladolid-Alcobendas e BM Huesca, Ángel Ximénez.
Relacionadas:
-
Contra as lesións, ilusión teucrista na Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Mellorar fóra da casa, obxectivo do Teucro para a segunda volta da Liga Asobal
Por Redacción |
-
Suspendido o partido entre Teucro e Sporting de Portugal que se ía a celebrar en Cuntis
Por Redacción |
-
Ismai, Sporting de Portugal e Ademar, rivais do Teucro para a súa 'minipretempada' invernal
Por Diego Espiño |
-
Sete xogadores do Teucro, parte da Selección Galega no seu segundo amigable ante Arxentina
Por Redacción |
-
Teucro e Cisne, protagonistas no empate da Selección Galega de balonmán ante Arxentina
Por Redacción |
-
Segue adiante o Teucro na Copa do Rei tras remontar ante o Benidorm (28-24)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |