Un rival "moi difícil" para o Poio Pescamar na súa volta á competición
Por Redacción
Regresa a competición na Primeira División de fútbol sala cun esixente duelo para o Poio Pescamar, que recibe este sábado no pavillón da Seca (18:30 horas) ao actual segundo clasificado, o Universidad de Alicante.
"Vai ser un partido moi duro e difícil", asegura Marcio Santos encomiando o alto ritmo que impón aos encontros o seu rival e ao desgaste físico que iso provoca.
Por iso o técnico vermello defende que "debemos estar á altura e levar o partido onde nos interesa".
O Poio buscará recobrar as boas sensacións co inicio de ano para non desengancharse das primeiras posicións.
Para esta cita causa baixa Yoli, cunha lumbalxia, mentres que Carolina Agulla será dúbida ata última hora debido a un proceso gripal.
Relacionadas:
-
Segue en horas baixas o Poio Pescamar cedendo tamén en Murcia (4-3)
Por Redacción |
-
Universidad de Alicante convértese na particular "besta negra" do Poio Pescamar (1-3)
Por Redacción |
-
Silvia Aguete entre as dez nomeadas a mellor porteira do mundo
Por Redacción |
-
Ao Poio Pescamar escápaselle o tren de cabeza ao empatar en Majadahonda (2-2)
Por Redacción |
-
Poio Pescamar deixa escapar o tren de cabeza ao caer ante Alcorcón (0-1)
Por Redacción & Diego Torrado |