Vitoria en Ferrol do Waterpolo Pontevedra para manterse no coliderado
Por Redacción
A volta á competición do Waterpolo Pontevedra na Primeira División Galega resultou positivo, cunha clara vitoria a domicilio ante o Marina Ferrol (7-16).
Os pontevedreses manteñen o ritmo do CW Santiago no alto da táboa e xogaranse o primeiro posto da liga regular na próxima xornada, a falta de dúas para o final, nun duelo directo que se disputará a primeira fin de semana de febreiro no CGTD de Pontevedra.
En Ferrol os de Javi de Sáa plantexaron un encontro serio e con intensidade poñéndose por diante cun 1-4 que lles deu tranquilidade durante o resto do choque.
Sen relaxarse, o equipo pontevedrés continuou aproveitando as súas ocasións e ampliando distancias no marcador para lograr unha vitoria (7-16) que lle mantén empatado a puntos no alto da táboa.
Na xornada disputada en Ferrol o Waterpolo Pontevedra sumou outros dous triunfos, os do equipo cadete e o equipo infantil.