O Waterpolo Pontevedra despide o ano no coliderado da Liga Galega
Por Redacción
Final de ano positivo para o Club Waterpolo Pontevedra, que chega ao parón do Nadal na competición como colíder da Primeira División Galega.
O folgado triunfo conseguido no seu último partido do ano, ante o Pabellón Ourense no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, permite aos pontevedreses empatar a puntos co CW Santiago, que descansaba esta xornada.
Desta forma ambos os equipo contan con 12 puntos e os mesmo partidos xogados, polos 6 que suman Marina Ferrol e CN Coruña.
Ante o Pabellón os de Javi de Sáa melloraron a súa efectividade en relación ás anteriores semanas e terminaron levando o partido por un contundente 21-4.
A xornada no CGTD contou tamén cun encontro da liga cadete (15-7 para o Pontevedra) e un amigable dos equipos femininos de ambos os dous clubs.
CEA BENÉFICA
Máis dun cento de persoas, entre socios, familiares e amigos, participaron na tradicional cea benéfica do Waterpolo Pontevedra, celebrada no Club Deportivo Sociocultural Militar de Campolongo e que conseguiu reunir varias caixas de alimentos que foron doados á Fundación Amigos de Galicia.
Relacionadas:
-
Vitoria en Ferrol do Waterpolo Pontevedra para manterse no coliderado
Por Redacción |
-
O waterpolo galego de base arranca o ano no CGTD
Por Redacción |
-
Un Nadal de waterpolo no CGTD
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra promociona o seu deporte nos colexios marinenses
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra recupera o ritmo cunha goleada na Coruña
Por Redacción |