O Waterpolo Pontevedra recupera o ritmo cunha goleada na Coruña
Por Redacción
Repúxose o Club Waterpolo Pontevedra da derrota na última xornada que lle supuxo perder o liderado da Primeira División Galega ao sumar unha importante vitoria na Coruña (7-15).
O conxunto pontevedrés destácase así na segunda posición con 9 puntos, a 3 do CW Santiago, despois de superar ao seu inmediato perseguidor.
Os de Javi de Sáa saíron con intensidade e lograron adiantarse no marcador cun parcial inicial de 1-3, aínda que e diferenza doutras ocasións, foron capaces de controlar o marcador sen excesivos problemas durante o resto do encontro, a pesar dalgúns erros defensivos.
Na Coruña estreou ademais tempada na Liga Galega o equipo feminino do Waterpolo Pontevedra, e non o puido facer de mellor maneira ao vencer por un contudente 5-14 ás actuais campioas de liga e copa.
As pontevedresas arrincaron con dúbidas no primeiro cuarto (2-1), pero reaccionaron e a partir do segundo parcial dominaron o xogo e o marcador.
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra despide o ano no coliderado da Liga Galega
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra promociona o seu deporte nos colexios marinenses
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra encaixa en Santiago a súa primeira derrota da tempada
Por Redacción |
-
Unha nova e ilusionante tempada para o Club Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |