Silvia Deira e Manuel Piñeiro, vencedores do Campionato Galego de Dúatlon Cros
Por Redacción
Samieira acolleu este domingo o XII Dúatlon Cros Concello de Poio, Campionato Galego da especialidade.
Silvia Deira (Olímpico de Vedra) e Manuel Piñeiro (Cidade de Lugo Fluvial) proclamáronse campións autonómicos nunha proba que contou con 60 inscritos.
Na categoría feminina gañou a carreira María José Martínez, que non tiña opcións de loitar polo título galego ao non contar con licenza coa Federación Galega de Tríatlon. Cimentou o seu triunfo na bicicleta. Silvia Deira foi segunda e a terceira posición (e segunda galega) foi ocupada por Belén Lemat (Cidade de Lugo Fluvial), mentres que o bronce no galego foi para Lorena García (Mar de Vigo).
Na categoría masculina o control absoluto desde o primeiro segmento foi de Manuel Piñeiro, quen foi o máis rápido nos tres sectores. A segunda posición foi para Marcos Mayo (Tríatlon O Treito) e a terceira para David Calzas, do Tríatlon Costa da Morte.
A proba, que estreaba circuíto ciclista, contou dun primeiro sector de 6 quilómetros de carreira, outro de 21 quilómetros de ciclista e un terceiro e último segmento con 3 quilómetros de carreira a pé.