A choiva non detén o espectáculo do RallyMix Cuntis Vila Termal
Por Redacción & Diego Torrado
Os amantes do automobilismo gozaron dunha gran xornada inicial do II RallyMix Cuntis Vila Termal, marcada polas complicadas condicións meteorolóxicas.
A choiva dificultou o traballo dos pilotos, que demostraron a súa pericia para evitar percances e unhas saídas de pista que ocasións foron inevitables.
A pesar diso puidéronse completar as tres mangas cronometradas previstas para este sábado, ofrecendo os 57 pilotos inscritos grandes momentos aos moitos afeccionados que se repartían por diferentes puntos do circuíto.
Ao final da xornada Iago Silva concluíu como líder provisional con 1,828 segundos de vantaxe sobre Abel Xurado e 25,935 segundos sobre o terceiro clasificado, o cuntiense Bamarti.
Para o domingo quedan reservadas aínda outras dúas mangas oficiais que decidirán o triunfo final dun rally que na súa segunda edición demostra gozar dunha gran saúde.