Un Ademar en plena xeira positiva, rival de altura para o Teucro no Municipal
Por Diego Espiño
A competición non dá respiro á Sociedad Deportiva Teucro, que este mércores (20:30 horas, Movistar+) afronta un duro e esixente compromiso ligueiro recibindo no Pavillón Municipal dos Deportes ao Ademar de Léon.
O cadro leonés, con permiso do intratable Barcelona, pasa por ser actualmente o equipo máis en forma da Liga Asobal. Os de Rafa Guijosa gañaron 7 dos seus últimos 8 partidos (só caeron precisamente ante o Barcelona) para destacarse na segunda posición.
"Estamos hablando de uno de los grandes de la categoría. Una vez que ha dejado la Liga de Campeones está centrado exclusivamente en la liga y eso hace que sea más difícil sorprenderles, más difícil cogerles en un día malo", asegura Quique Domínguez.
O técnico pontevedrés encomia a defensa, o contraataque e a intensidade do seu próximo rival, pero non renuncia a nada e promete que o seu equipo seguirá "disputando cada partido como lo estamos haciendo, con esa energía, con esa mentalidad".
A pesar da boa imaxe do Teucro nas últimas semanas, sobrepoñéndose ás baixas, e gañar en Copa nunha cancha complicada como a de Guadalaxara, os azuis encadean tres xornadas de liga sen gañar, unha xeira negativa á que queren poñer fin para achegarse á permanencia.
Con Iván Fernández entre algodóns as baixas nos locais seguirán sendo as mesmas das últimas semanas serán as de Óscar Silva e Rial, mentres que o Ademar viaxará a Pontevedra sen Juanjo Fernández.
Os colexiados do encontro serán o catalán Ballano Dueñas e o galego Rodríguez Rodríguez.
Relacionadas:
-
O Teucro sucumbe tras o descanso ante o ritmo e a efectividade de Ademar (24-32)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O cansazo pasa factura ao Teucro en Puente Genil (25-21)
Por Redacción |
-
O Teucro roza a proeza pero queda eliminado na prórroga ante Guadalajara (33-34)
Por Redacción |
-
A vontade non lle chega ao Teucro para dobregar a un sólido Huesca (28-31)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |