Viaxe a Benidorm para un Teucro con ganas de volver sumar
Por Diego Espiño
Superado o maratón departidos no que se converteu o último mes para a Sociedad Deportiva Teucro, entre Asobal e Copa do Rei, os azuis volven á realidade ligueira visitando este Venres Santo (20:30 horas) a pista do Balonmano Benidorm, actual noveno clasicado.
Tras catro derrotas consecutivas na competición regular, a pesar da boa imaxe por momentos e debido sobre todo á escaseza de efectivos, o Teucro quere volver experimentar a sensación dun triunfo que lle permita manterse tranquilo na táboa.
"No tenemos agobios, no tenemos urgencias pero el equipo va a seguir buscando en cada partido la victoria, los resultados y los puntos que nos permitan seguir subiendo un poco en la clasificación, mantener la distancia con los equipos que vienen detrás", recoñece Quique Domínguez.
Cos problemas físicos que arrastrou en datas recentes Iván Fernández, a volta ao equipo de Carlos García alivia un pouco a situación provocada polas baixas de varios xogadores importantes do equipo.
Os pontevedreses enfróntanse esta vez a un vello coñecido esta tempada, ao que xa superou no Municipal en liga e ao que tamén eliminou en Copa do Rei tras remontar a eliminatoria na casa no choque de volta, e a esa experiencia agárrase o técnico teucrista para tentar sumar en Benidorm, aínda que con todas as precaucións.
"Es una plantilla que cuando están todos es muy completa. Tiene muchísimo oficio y lo ha demostrado en esta segunda vuelta con grandes resultados", explica Domínguez, quen espera certo ánimo de desquite nun rival que chega á cita co seu equipo ao completo.
A expedición teucrista viaxa en avión o mesmo día do encontro, e atoparase en Benidorm coa arbitraxe dos asturianos Álvarez Menéndez e Friera Cavada.
Relacionadas:
-
Enorme vitoria do Teucro en Benidorm (28-29) para certificar virtualmente a permanencia
Por Redacción |
-
O Teucro sucumbe tras o descanso ante o ritmo e a efectividade de Ademar (24-32)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O cansazo pasa factura ao Teucro en Puente Genil (25-21)
Por Redacción |
-
O Teucro roza a proeza pero queda eliminado na prórroga ante Guadalajara (33-34)
Por Redacción |