Marín repite como sede da Supercopa de España de Judo
Por Redacción
A Raña volverá gozar este sábado 7 de abril do máximo nivel do judo nacional coa disputa da Supercopa de España deste deporte.
O pavillón marinense repite como sede da competición co que será o II Trofeo Concello de Marín.
A competición, na que están inscritos 138 judocas das categorías sénior masculina e feminina, iniciarase ás 10:00 horas coa fase de eliminatorias.
Pola súa banda a loita polas medallas de bronce terá lugar ás 13:00 horas e as finais ás 13:30 horas.
As actividade judoca en Marín completarase o domingo cunha xornada de adestramento convocada pola Federación Galega de Judo.