Fóra da casa, herba sintética, horario matinal... "ahora ya no hay excusas" para o Pontevedra
Por Diego Espiño
A seis xornadas para o final da competición regular e coa necesidade apertando, o Pontevedra busca acabar cos seus particulares maleficios para escapar dos postos de descenso.
Os granates son o peor visitante do Grupo I da Segunda B, os partidos en campo de herba sintética téñense atragantado, así como os disputados en horario matinal, pero "ahora ya no hay excusas", recoñece Luismi, e só vale gañar para poder salvar a tempada, empezando por un duelo que reúne todas as súas pantasmas.
O Pontevedra visita este domingo (12:00 horas, Estadio Municipal Mariano González) ao actual cuarto clasificado, o CDA Navalcarnero, pero faino nunha situación de inercia positiva tras a goleada ao Talavera en Pasarón e o triunfo en Copa Federación en Ontinyent, un encontro que "nos tiene que servir para que los jugadores sean conscientes de que podemos ganar fuera de casa, porque al final es un tema más mental que otra cosa", asegura o técnico pontevedrés.
Con David Castro sancionado e Jimmy fóra por lesión, do mesmo xeito que Nacho López, Marcos Álvarez e Lezcano, a principal dúbida na aliñación sitúase no lateral ou carrileiro zurdo, en función do esquema polo que aposte o adestrador granate, que recuperou os tres centrais en Copa tras varios partidos. Nese posto gaña enteiros Álex González, mentres que no outro costado manterase o xuvenil Juan Barbeito.
De esta forma a convocatoria de 18 é a seguinte: Edu, Anxo, Adrián León, Darío Flores, Goldar, Prosi, Kevin, Mouriño, Álex Fernández, Álex González, Añón, Pibe, Iván Martín, Berrocal, Éder, Jorge Hernández, Juan Barbeito e Pachecho.
Luismi apela ademais a "estar muy concentrados" desde o asubío inicial, e puxo especial atención ás accións a balón parado, nas que o Navalcarnero é un auténtico especialista. Non en balde a súa liña defensiva suma en liga 12 goles, sendo o seu segundo máximo anotador o central Alejandro González.
O colexiado encargado de dirixir o encontro entre Navalcarnero e Pontevedra será o aragonés Sergio Usón Ronsel.
Relacionadas:
-
O Pontevedra rompe en Navalcarnero o seu maleficio como visitante para saír do descenso (0-2)
Por Redacción |
-
Os nenos ingresados no Hospital Provincial reciben a visita dos xogadores do Pontevedra
Por Redacción |
-
Jimmy e o seu calvario coas lesións
Por Diego Espiño |
-
O futuro da portería do Pontevedra está nas súas mans
Por Diego Espiño |
-
Álex González pon en vantaxe o Pontevedra na final da Copa Federación (0-1)
Por Redacción |