Éxito de participación na cuarta edición da Pontevedra 4 Picos
Por Redacción
Toda unha festa do ciclismo BTT. Así se viviu este sábado a cuarta edición da Pontevedra 4 Pico Bike Desafío Rías Baixas.
Preto de 1.400 ciclistas tomaron parte na proba, cuxa ruta longa deu o pistoletazo de saída ás 8:30 horas desde o Recinto Feiral. Era o principio de 132 quilómetros con ascensións aos altos de Monte Castrove, Pontillón do Castro, A Fracha e Lago de Castiñeiras.
Tratábase como en edicións anteriores dun evento non competitivo, sendo o primeiro dos participantes en cruzar a meta foi Víctor González Gende tras 5 horas 47 minutos e 55 segundos.
Media hora despois da primeira saída, foi a quenda dos deportistas inscritos na metade do percorrido, os 2 Picos, con 66 quilómetros de ruta.
Consulta aquí as clasificacións completas da Pontevedra 4 Picos Bike 2018.