O Tenis de Mesa Monte Porreiro apostará polo mesmo equipo para competir na máxima categoría
Por Diego Espiño
O flamante ascenso do equipo masculino do Tenis de Mesa Monte Porreiro á Superdivisión, a máxima categoría nacional, ben merece un recoñecemento do Concello de Pontevedra.
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, recibiron este luns aos protagonistas da fazaña, os xogadores Nico Galvano, Horacio Cifuentes e Nacho Fernández e ao adestrador do equipo, Nando Álvarez.
Precisamente o técnico confirmou na recepción que apostarán pola continuidade a próxima tempada, e manterán o equipo que logrou o ascenso.
"Imos a traballar cunha ilusión tremenda porque está ocasión o merece. Temos a oportunidade de disfrutar dunha tempada moi dura onde as mellores raquetas van a pasar por Pontevedra", sinalou Álvarez.
A mellor proba de que estes deportistas teñen nivel suficiente para competir na máxima categoría tívoa o Monte Porreiro a fin de semana no Campionato Galego ante o Arteal, terceiro clasificado na Superdivisión, e ante o que se ofreceu unha gran imaxe a pesar de caer finalmente derrotados.
Relacionadas:
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro afronta "con moitas ganas" o seu histórico debut na máxima categoría
Por Diego Espiño |
-
A tempada do Tenis de Mesa Monte Porreiro, en marcha co seu Torneo Internacional
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Internacional de Tenis de Mesa cumpre 20 anos consolidado como "o mellor torneo de Galicia"
Por Diego Espiño |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro, a pleno rendemento e mirando cara ao seu Torneo Internacional
Por Redacción |
-
O Cambados únese á festa e tamén logra o ascenso á Superdivisión Masculina de tenis de mesa
Por Redacción |
-
Histórico ascenso do Monte Porreiro á Superdivisión Masculina de tenis de mesa
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |