Juan Quintas súmase á lista de renovados do Teucro
Por Redacción
Cuarta renovación na Sociedad Deportiva Teucro, que segue avanzando na composición do plantel que competirá de novo a próxima tempada na Liga Asobal.
Nela repetirá Juan Quintas, un dos puntais no esquema defensivo esta campaña e que encara así o seu terceiro ano en Pontevedra.
O pivote galego prolonga n súa vincluación cos azuis por dúas tempadas máis, polo que seguirá no Teucro polo menos ata o ano 2020.
Aos seus 23 anos o xogador ourensán espera seguir crecendo dentro do equipo non só en defensa, senón achegando aínda máis no apartado ofensivo, no que esta tempada colaborou con 44 goles.
Quintas únese así a unha lista de xogadores confirmados para o próximo curso na que tamén se atopan Samu Gómez, Andrés Moyano e Dani Hernández.