Bruno de Castro e Edu Moledo engrosan a lista de saídas no Teucro
Por Diego Espiño
Despois de días de renovacións e fichaxes, este mércores tocou engordar a lista de saídas na Sociedad Deportiva Teucro.
O club pontevedrés confirmou que Edu Moledo e Bruno de Castro non seguirán defendendo a elástica azul a próxima campaña na Liga Asobal.
Moledo, que chegara ao club no verán de 2014 procedente do Academia Octavio no inicio da etapa de Quique Domínguez no banco, pecha así catro anos como teucrista, nos que colaborou en dous ascensos á máxima categoría así como á permanencia na mesma este curso, no que acumulou 40 goles.
A praza do cangués no extremo dereito ten xa substituto coa fichaxe do arxentino Fafa Cangiani, anunciada este martes.
En canto a Bruno de Castro, non continuará en Pontevedra a pesar de que o club tenteara a súa renovación tal e como establecía o contrato rubricado hai un ano, cando asinou co Teucro procedente do Karlskrona. O lateral brasileiro, na súa primeira tempada en España, rendeu a bo nivel na liña defensiva, aínda que non deu o salto de calidade esperado en ataque.
Estas dúas baixas súmanse ás xa coñecidas de Borja Méndez, que xogará no Anaitasuna navarro, e de Yoan Balázquez, finalizada a súa cesión por parte do Porto portugués.
Relacionadas:
-
O lateral esquerdo arxentino Guillermo Fischer, cuarta incorporación do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Ángel Iglesias despídese do Teucro
Por Redacción |
-
Óscar Silva e Johnny Medina poñen fin á súa etapa no Teucro
Por Redacción |
-
O primeira liña Natan Suárez súmase ao proxecto do Teucro
Por Redacción |
-
Facundo Cangiani convértese na segunda fichaxe do Teucro
Por Redacción |
-
Quique Domínguez ficha polo Mudhar Handball Club de Arabia Saudita
Por Diego Espiño |
-
Davor Cutura regresa ao Teucro como xogador e coordinador da base
Por Alejandro Espiño |
-
Despedida ligueira para o Teucro cunha agardable e intranscendente derrota en Barcelona (41-25)
Por Redacción |