Pablo Dapena, obxectivo Campionato do Mundo de Tríatlon de Longa Distancia
Por Diego Espiño
A pasada tempada proclamouse campión de España de longa distancia, pero quedou cravada a espiña de saber que pasaría no Mundial de Canadá se non chega a ser descualificado nunha polémica decisión.
Por iso Pablo Dapena tentará de novo asaltar o trono mundial do tríatlon da especialidade longa, competindo o próximo mes de xullo na proba incluída dentro do ITU Multisport Festival que se celebrará en Fyn, Dinamarca.
O deportista pontevedrés é un dos dous seleccionados polos técnicos da Federación Española de Tríatlon, xunto ao valenciano Emilio Aguayo, para buscar o título en territorio danés.
Alí enfrontarase a unha proba que contará cun percorrido de 3.000 metros de natación, 120 quilómetros de ciclismo e 30 quilómetros de carreira a pé, que se disputará o sábado 14 de xullo e na que tentará confirmar as boas sensacións demostradas no tramo inicial da tempada en eventos de media distancia como os da franquía Challlenge, nos que non baixou do podio a pesar de medirse a algúns dos principais nomes do panorama internacional.
Por se o premio non fóra xa o suficientemente grande, un bo papel en Dinamarca supoñería un premio extra para Dapena, colocarse como un dos grandes favoritos da especialidade cando en 2019 o ITU Multisport Festival se dispute na casa, en Pontevedra.
A cidade de Lérez será escenario ademais este ano, o día 25 de agosto, do Nacional de Longa Distancia, co pontevedrés defendendo o título logrado en Eivissa.
Relacionadas:
-
VIDEO.- Pablo Dapena fai historia: é o novo campión do mundo de tríatlon de longa distancia
Por Alejandro Espiño |
-
O Triatlón Cidade de Pontevedra estreará circuíto cunha espectacular transición na ponte dos Tirantes
Por Anxo Lourido |
-
Pablo Dapena non baixa do podio e é segundo na Challenge Salou
Por Redacción |
-
Pablo Dapena repite en Lisboa triunfo na franquía Challenge
Por Diego Espiño |
-
Un espectacular Pablo Dapena vence en Gran Canaria superando ao campión do Mundo Ironman
Por Diego Espiño |
-
RADIO.- Pablo Dapena: "Un mundial de 70.3 es algo que me motiva"
Por Ramiro Espiño |
-
VÍDEO.- Pablo Dapena, rei nacional do tríatlon de longa distancia
Por Diego Espiño |