Pablo Dapena fai historia: é o novo campión do mundo de tríatlon de longa distancia
Por Alejandro Espiño
Pablo Dapena fixo historia. O triatleta pontevedrés é o novo campión do mundo de tríatlon de longa distancia, unha das probas deportivas máis esixentes desta disciplina. Conseguiuno no ITU Multisport que se está celebrando en Odense (Dinamarca).
Tras unha carreira moi sólida, Dapena entrou en meta tras cinco horas, 19 minutos e 35 segundos. Foi dous minutos e medio máis rápido que o segundo clasificado, o suízo Ruedi Wild. O podio completouno o estoniano Marko Albert, que finalizou a 2:52 do pontevedrés.
Durante a proba, disputada este sábado, Pablo Dapena sempre se mantivo nos postos de cabeza. Xa saíu da auga, tras tres quilómetros a nado, en segunda praza, a tan só dous segundos do estoniano Albert, que completou o percorrido en 36:54.
Ambos subiron á bicicleta con máis de medio minuto de vantaxe sobre o grupo perseguidor, no que entre outros se atopaba o suízo Wild. Aos poucos as distancias e foron recortado e, ao remate dos 120 quilómetros, o transalpino chegou á segunda transición na cabeza, con máis de 30 segundos sobre o cuarteto no que ía Dapena.
Todo se decidiu nos 30 quilómetros finais da carreira a pé, un dos puntos fortes do pontevedrés.
Ruedi Wild aproveitaba a vantaxe lograda sobre a bicicleta para correr en solitario os primeiros quilómetros, pero a medida que avanzaba a carreira o triatleta pontevedrés ía reducindo a distancia que lle separaba do primeiro posto.
Pablo Dapena non tardou en dar caza ao suízo e, sobre o quilómetro dez, xa se puxo na cabeza. A partir de aí, o ritmo que impuxo en carreira foi inalcanzable para os seus rivais e, a falta do últimos dez quilómetros, xa acumulaba unha vantaxe de máis de medio de minuto.
O tramo final da proba, no que Dapena mantivo un ritmo envexable, foi case un paseo para el, no que estivo pendente de controlar aos seus rivais e de gozar da competición. Na liña de meta esperáballe unha nutrida representación pontevedresa que, á súa chegada, estalaron de xúbilo.
Este é, sen dúbida, o maior éxito deportivo da traxectoria do triatleta pontevedrés que, con este triunfo, saca a espiña do anterior mundial, celebrado en Canadá, no que foi descualificado.
Ademais, nesta ocasión, temeu non poder participar, xa que a compañía aérea que lle levou a Dinamarca perdeu as súas bicicletas e non puido recuperalas ata dous días antes da proba.
Pablo Dapena terá agora a oportunidade de defender o seu título na casa, xa que o ITU Multisport celebrarase en Pontevedra en 2019.
Relacionadas:
-
O ano no que Pablo Dapena converteuse en campión do mundo
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena ficha polo equipo profesional BMC Vifit Sport de tríatlon
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena, ante o máis difícil aínda no Campionato de Europa de Longa Distancia
Por Diego Espiño |
-
RADIO.- A playlist de... Pablo Dapena, un campión mundial que quixo ser xornalista deportivo
Por Marisa Ciordia |
-
Saleta Castro encabeza a inscrición do Nacional de tríatlon de Longa Distancia en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena non baixa do podio, segundo en Finlandia no Challenge Turku
Por Redacción |
-
Brillante dobrete de Gómez Noya e Pablo Dapena no Challenge Praga
Por Diego Espiño |
-
Iberia perde (outra vez) a bicicleta de Pablo Dapena
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena non se conforma e ve "cada vez máis próximo" o seu paso ao Ironman
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
A bandeira do ITU Multisport xa está camiño de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O ITU Multisport de Pontevedra colle ritmo coa súa presentación en Dinamarca
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra, rumbo a Dinamarca para presentar o ITU Multisport 2019
Por Alejandro Espiño |
-
Pablo Dapena, obxectivo Campionato do Mundo de Tríatlon de Longa Distancia
Por Diego Espiño |