O Froiz viaxa a terras vascas para disputar o Memorial Jon Lazkano
Por Redacción
Nova cita para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz. A escuadra pontevedresa viaxa esta fin de semana a terras vascas para disputar o domingo 1 de xullo a novena edición do Memorial Jon Lazkano en Beasain (Guipúscoa).
Trátase dunha carreira con moitos anos historia que está marcada polo seu duro percorrido, xa que conta con sete pasos por alto de montaña e cun percorrido totalmente sobe e baixa.
Os portos que se coroarán son Eizaga, xa no quilómetro 11,5 de carreira; o alto de Atagoiti no quilómetro 53,5, ou o alto de Liernia nos quilómetros 86, 109 e 131.
Ademais, tamén se subirá un dos portos máis coñecidos da zona, o alto de Olaberria nos quilómetros 95,4 e 140,5; este último a escasos quilómetros de meta.
Por parte da escuadra alimenticia irán Miguel Gómez, Diego Noriega, Martín Lestido, Aitor Bugarín, Óscar Brea, Daniel Rodríguez, Abel Franco e o reciente campión de España Sergio Vega.