Catorce medallas para a Gimnástica nun "accidentado" campionato galego de atletismo
Por Redacción
Unha treboada deu ao traste co normal desenvolvemento do campionato galego absoluto de atletismo que se disputou a pasada fin de semana nas recentemente remodeladas pistas deportivas de Elviña (A Coruña).
O mal tempo obrigou a suspender todos os concursos da tarde mantendo tan só as carreiras. Así, os atletas participantes na pértega feminina, salto de altura feminino, lonxitude feminina, triplo salto feminino e masculino e xavelina masculina e feminina terán as súas probas no campionato de Galicia master a vindeira fin de semana.
Entre as probas que se disputaron, a Sociedad Gimnástica de Pontevedra acadou un total de catorce medallas.
Víctor Gallego, con dous ouros no lanzamento de disco (51.67) e lanzamento de peso (16.31), foi dos atletas mais destacados do campionato.
Dúas pratas foron para Francisco Javier Guzmán tamén no lanzamento de disco (47.70) e peso (14.18), o mesmo metal que colgaron Cristina Garrido nos 100 metros lisos cun tempo de 12.56, David Ferrer no salto de lonxitude cun mellor salto de 7.00 metros e María Jiménez no lanzamento de disco cun lanzamento de 34.89 metros.
Os sete bronces foron para Xiana González nos 200 metros con 25.62 segundos, Eva Cid nos 800 metros con 2:16.49, Carlos Porto nos 1.500 con 3.59.89, Raúl Cortizo en salto de altura cun mellor salto de 1.86, Claudia Puig no lanzamento de disco cun lanzamento de 34.48, Sergio Paredes no lanzamento de martelo con 51.98 e Iria Filgueira tamén no martelo con 40.45.
Os bos resultados seguiron cos postos de finalista de Loreto Brea e Eva Cid, cuartas en martelo e 1.500 respectivamente; Lucía Ferrer e Eva Sande, quintas nos 100 valos e nos 5 quilómetros marcha; Blanca Armenteros e María Jiménez, sextas nos 800 lisos e no lanzamento de peso; ou Claudia Puig e Sandra Carballo, sétimas en lanzamento de peso e disco.
Relacionadas:
-
Sete deportistas representarán á Gimnástica no principal campionato do atletismo nacional
Por Redacción |
-
A Gimnástica colabora no quinto posto galego no Nacional de Atletismo de Federacións Autonómicas
Por Redacción |
-
Sergio Paredes, bronce en martelo no campionato de España sub23 de atletismo
Por Redacción |
-
Hugo García Souto, subcampión de España sub16 nos 3.000 metros
Por Redacción |
-
Prata para Jonatas Pereira no Nacional sub18 de atletismo
Por Redacción |
-
Antía Chamosa, Andrea González e Raquel Meaños, subcampioas de España sub20
Por Redacción |