A Gimnástica colabora no quinto posto galego no Nacional de Atletismo de Federacións Autonómicas
Por Redacción
O XLIII Campionato de España de Atletismo de Federacións Autonómicas contou a pasado fin de semana coa participación de ata cinco deportistas da Sociedade Gimnástica, deixando unha grata sensación no club polo seu rendemento.
Catro destes atletas competiron baixo a bandeira de Galicia, colaborando activamente no quinto posto conseguido na clasificación final polo equipo galego. A vencedora foi Cataluña seguido de Andalucía e Madrid respectivamente, coa Comunidade Valenciana no cuarto lugar.
Lucía Ferrer e Cristina Garrido competiron na remuda 4x100, logrando bater o récord galego absoluto cunha marca de 47.28 segundos que lle valeu para ser quintas.
Pola súa banda Andrea González foi cuarta no lanzamento de xavelina cun mellor intento de 43,59 metros, mentres que Víctor Gallego foi sétimo no peso cun rexistro de 15,38 metros.
O quinto atleta en discordia da Gimnástica no torneo nacional foi Raúl Pagan, sexto no lanzamento de xavelina (64,98 metros) defendendo a camiseta da selección vasca.
Relacionadas:
-
A Gimnástica roza os postos de podio no Campionato de España Absoluto
Por Redacción |
-
Sete deportistas representarán á Gimnástica no principal campionato do atletismo nacional
Por Redacción |
-
Sergio Paredes, bronce en martelo no campionato de España sub23 de atletismo
Por Redacción |
-
Honras municipais para o atleta Hugo García Souto e o Leis Pontevedra
Por Redacción |
-
Catorce medallas para a Gimnástica nun "accidentado" campionato galego de atletismo
Por Redacción |