Arantxa Mallou sela a súa continuidade co Arxil unha tempada máis
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil seguirá contando un ano máis nas súas filas con Arantxa Mallou.
A entidade dálle galóns á escolta compostelá, da que espera sexa unha das referencias do novo proxecto deportivo na que será a súa terceira campaña en Pontevedra.
Mallou, que aterrou no Arxil no inverno da tempada 16-17, alcanzou de media o último curso unhas cifras de 12,5 puntos e 7,3 rebotes por partido sendo a máxima anotadora do equipo (326 puntos).
Pechada a súa continuidade, unha das prioridades da directiva, son catro as xogadoras confirmadas polo Arxil xunto a Carla Fernández, María Lago e Cristina Díaz-Pache.
Xunto a elas espérase seguir contando con Aldara Vázquez e Noa e con xogadoras que compaxinen o primeiro e segundo equipo, completándose o plantel con tres reforzos que están preto de pecharse para os postos de aleiro, pívot e ala-pívot.
Relacionadas:
-
Janea Williams, poderío americano baixo taboleiros para o Arxil
Por Redacción |
-
A catalá Gala Mestres firma polo Arxil
Por Redacción |
-
Máis protagonismo para a canteira do Arxil no equipo de Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
A estadounidense Sierra Clark convértese no primeiro reforzo do Arxil
Por Redacción |
-
Cristina Díaz-Pache súmase á lista de renovadas no Arxil
Por Redacción |
-
María Lago, segunda confirmación no plantel do Arxil
Por Redacción |
-
Carla Fernández cumprirá a súa novena tempada no Arxil
Por Redacción |
-
Procura de apoios no Arxil para cubrir o seu orzamento
Por Redacción |