María Lago, segunda confirmación no plantel do Arxil
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil colleu ritmo na confección do plantel co que volverá competir na Liga Feminina 2.
María Lago converteuse na segunda xogadora confirmada para o próximo proxecto verde, sumándose así a Carla Fernández. A xogadora do Porriño cumprirá a súa oitava campaña no clube, no que se converteu nunha das xogadoras máis utilizadas por Mayte Méndez.
No último curso alcanzou unhas cifras de 10,7 puntos, 3,3 rebotes, 2,7 asistencias e 2,4 roubos por partido.
Segundo confirmou o clube, presentouse oferta de renovación a todas as integrantes do equipo, salvando ás baixas xa confirmadas de Chantel Charles, Ana Román e Ana Martín.
A COPA GALICIA, EIXO DA PRETEMPADA
O club pontevedrés xa coñece o calendario que lle espera na Copa Galicia, competición sobre a que pivotará a fase de preparación e que se disputará nunha primeira fase de liguiña entre os equipos de LF2 ata as semifinais, nas que entrarán en xogo os dous equipos galegos de Liga Feminina.
Polo momento, o Arxil xogará o 16 de setembro ante o Celta Zorka, o 19 de setembro ante o Cortegada e o día 23 ante o Maristas.
Relacionadas:
-
A estadounidense Sierra Clark convértese no primeiro reforzo do Arxil
Por Redacción |
-
Arantxa Mallou sela a súa continuidade co Arxil unha tempada máis
Por Redacción |
-
Cristina Díaz-Pache súmase á lista de renovadas no Arxil
Por Redacción |
-
Carla Fernández cumprirá a súa novena tempada no Arxil
Por Redacción |
-
Procura de apoios no Arxil para cubrir o seu orzamento
Por Redacción |
-
Desvelado o calendario de competición na Liga Feminina 2 de baloncesto
Por Redacción |