Sorteados os calendarios de Terceira División e Preferente
Por Redacción
Os equipos da comarca que participarán a próxima competición nas categorías de Terceira División e Preferente, no seu grupo sur, xa coñecen que camiño espéralles a próxima tempada tras o sorteo de competición celebrado este luns na sede da Real Federación Galega de Fútbol.
A liga nestas categorías comezará o domingo 26 de agosto e finalizará na súa fase regular o 19 de maio no caso de Terceira e o 26 do mesmo mes en Preferente.
Na máxima competición autonómica, a Terceira División, o curso estrearase para Céltiga e Ribadumia na casa, ante UD Paiosaco e UD Ourense respectivamente, mentres que o Arosa debutará a domicilio ante o Ourense CF. Unha semana despois disputaranse os duelos Arosa-Polvorín, Compostela- Céltiga e Porriño-Ribadumia.
En conto ao peche da liga, na última xornada o Ribadumia concluirá en casa ante un dos grandes favoritos ao ascenso, o Racing de Ferrol, o Céltiga recibirá ao Silva e o Arosa visitará ao Somozas.
Consulta aquí o calendario completo da Terceira División Galega 2018/2019.
Tamén o Grupo Sur de Preferente foi obxecto de sorteo en Santiago, cunha primeira xornada na que se producirán duelos como Cultural Areas-Marcón, Bande-Cambados, Atios-Beluso, Unión Grove-Estradense, Moaña-Villalonga, Barbadás-Sanxenxo ou Valladares-Amanecer.
Pola súa banda a última xornada destaca o derbi Sanxenxo-Villalonga xunto ao Atios-Marcón, Unión Grove-Xuvenil Ponteareas, Alertanavia-Beluso, Valladares-Cambados e Cultural Areas-Amanecer.
Consulta aquí o calendario completo do Grupo Sur de Preferente 2018/2019.