A pretempada do Pontevedra gaña en intensidade
Por Redacción
O Pontevedra mete unha marcha máis á súa pretempada. Os granates afrontan desde este luns a súa semana máis intensa ata o momento con ata tres partidos amigables programados ademais das sesións de adestramento.
Nestes encontros veranse esforzos máis prolongados nos futbolistas, con menos cambios, coa intención de consolidar a solidez e sensacións positivas mostradas nas últimas citas.
O primeiro destes choques terá lugar o mércores 8 de agosto no Carballiño (20:30 horas) ante o Arenteiro, equipo da Terceira División.
Despois chegará o amigable máis esixente dos tres, ante un equipo que competirá en liga cos granates como é o Fabril, filial do Deportivo que visitará Pasarón o venres 10 de agosto ás 20:30 horas. Trátase dunha cita que non estaba prevista inicialmente no calendario de preparación, pero que será a segunda ocasión para ver en acción na casa ao equipo pontevedrés, con entrada de balde para os socios con suplemento.
Por último, o sábado 11 de agosto o rival será a domicilio o Juvenil de Ponteareas, equipo que militará esta campaña no Grupo Sur de Preferente.
Betanzos o 16 de agosto, Ferrol o 18 e Alondras o mércores 22 son o resto de compromisos confirmados polo Pontevedra antes do inicio de liga.
Relacionadas:
-
Vitoria pola mínima do Pontevedra ante o Fabril nun amigable sen pena nin gloria
Por Diego Espiño & Paula Sanmartín |
-
Romay ve neste Pontevedra "un equipo para ser ambiciosos"
Por Diego Espiño |
-
Empate sen goles para o Pontevedra ante o Arenteiro de Terceira División
Por Redacción |
-
Contundente e convincente triunfo do Pontevedra sobre o Compostela (0-3)
Por Ramiro Espiño |
-
O traballo defensivo gaña protagonismo na pretempada granate
Por Diego Espiño |
-
O triangular do Carneiro ao Espeto, para o Pontevedra
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |