Ensaio xeral en Ferrol a unha semana de iniciar a liga
Por Diego Espiño
O partido amigable que o Pontevedra Club de Fútbol xogará este sábado (20:00 horas) ante o Racing de Ferrol na Malata servirá como ensaio xeral pensando no comezo da liga.
Así o recoñeceu este venres Luismi, para quen o choque en Ferrol supón "una buena prueba para saber a una semana de que comience la liga en qué condiciones estamos" polo rival de que se trata e o escenario do partido. É por iso que o once inicial que o técnico dispoña sobre o céspede da Malata parecerase ao que se poderá ver na estrea oficial en Salamanca.
"La base del equipo la tengo en mete", confirmou o adestrador granate, aínda que aínda con "dos o tres dudas" que se resolverán nos dous amigables que quedan por disputar.
O que ten seguro Luismi é que o nivel de esixencia en Ferrol "será grande", xa que a pesar de tratarse dun equipo que militará este ano en Terceira División conta cun plantel que non ten nada que envexar ao nivel da categoría de bronce, á que aspiran a retornar canto antes.
Este compromiso de pretempada e o do próximo mércores en Cangas servirán tamén para que a última incorporación, Mikel Arruabarrena, "se acople sobre todo a la idea de juego", explicou o preparador.
PIBE, LESIÓN DE CONSIDERACIÓN
A mala noticia na actualidade do Pontevedra está na lesión que Pibe produciuse este xoves en Betanzos despois dunha dura entrada dun rival. O centrocampista granate sofre unha escordadura de consideración no nocello e segundo Luismi esta doenza supoñerá que "lo vamos a perder durante un tiempo", sendo baixa segura para o inicio de liga.
Pola contra Álex González está recuperado dos problemas musculares que lle mantiveron a menor ritmo que os seus compañeiros durante boa parte da pretempada, e espérase que Juan Barbeito inicie a próxima semana tamén en plenas condicións superadas unhas pequenas molestias na zona isquiotibial.
Relacionadas:
-
Suma e segue o Pontevedra en pretempada ao superar con solidez o Racing de Ferrol (0-2)
Por Redacción |
-
O Pontevedra vence en Betanzos e mantén a súa imbatibilidade na pretempada
Por Redacción |
-
Arruabarrena, a menor ritmo no seu primeiro día como granate
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra aparca o céspede artificial no tramo final da pretempada
Por Redacción |
-
Mikel Arruabarrena é o dianteiro elixido polo Pontevedra para pechar o seu plantel
Por Diego Espiño |