Ademar León impón a súa superioridade ante un digno Teucro (36-25)
Por Redacción
LEÓN: Servizo especial para Pontevedraviva de www.sportleon.com.
O Abanca Ademar impúxose con claridade a un Teucro que chegaba imbatido na pretemporada, pero que foi moi inferior ao equipo de Rafa Guijosa que segue queimando etapas e demostrando que pode esperarse moito del porque os novos están xa listos para achegar cousas interesantes.
Gañaron os leoneses (36-25) a un Teucro no que brillou o xoven lateral arxentino Fischer, que chega a Pontevedra da man dun Manolo Cadenas que ten postas nel moitas esperanzas de fronte ao futuro e á selección albiceleste que adestra. Pouco máis que opoñer a un Abanca Ademar forte en defensa, con Biosca blindando a portería na primeira parte o que permitía correr o contraataque para chegar ao descanso cun claro 19-13.
A segunda metade non cambiou nada máis aló de ter nomes novos sobre a pista demostrando os balcánicos Mosic e Slavic que serán pezas importantes no equipo de Rafa Guijosa, o mesmo que Carrillo que brillou no seu regreso ao Palacio coa camiseta do Abanca Ademar nun extremo de luxo no que esta vez non xogou Juanín García, pero no que Jaime Fernández ensinou varios trucos marca da casa.
Os galegos opuxeron resistencia ata mediada a primeira parte, pero logo non puideron manter o ritmo, aínda que deixaron unha aceptable imaxe fronte a un dos conxuntos máis fortes da liga Asobal.
ABANCA ADEMAR (36): Biosca (Slavic e Teijón, p.s.), Jaime Fernández (6, 2 p), Juanjo Fernández (2), Carou (2), Simonet, Vieyra (6), Gonzalo Pérez (4), Rodrigo Pérez, Pesic (3), Acacio (3), Mosic (5, 1 p), Carrillo (5) e Rozas.
SD TEUCRO (25): Santana (Lloria, ps), Cangiani (1), Dani Hernández (1), Cutura (2), Quintas (2), Fischer (7), Gherardt (1), Samu Gómez (3), Suárez (5), Moyano (1), Pérez Manzanares (2), Pereiro e Prada.
Árbitros: Da Silva e García Álvarez. Excluíron por dous minutos a Juanjo por Ademar e Fischer polo Teucro.
Marcador cada cinco minutos: 3-1, 6-3, 8-6, 13-8, 16-9, 19-13 (descanso); 20-15, 23-17, 26-19, 30-22, 33-23 e 36-25 (final).
Incidencias: Palacio Municipal dos Deportes (León).
Relacionadas:
-
A fase final da Copa Galicia, última proba para o Teucro antes do inicio da Liga Asobal
Por Redacción |
-
Davor Cutura ve no Teucro "mucho potencial y un proyecto que a mí me ilusiona"
Por Diego Espiño |
-
Fischer, Cangiani e Suárez detectan boas sensacións na pretempada do Teucro
Por Redacción |
-
A fase final da Copa Galicia espera o Teucro tras a súa vitoria en Chapela
Por Redacción |
-
O Teucro vence á calor e o ABC Braga para sumar un novo triunfo en pretempada (31-34)
Por Redacción |