Tripla vitoria para o Froiz no Díptico de Vigo
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz foi protagonista do Díptico de Vigo, celebrado durante a fin de semana na cidade olívica.
O festival do equipo alimenticio empezou con Guillermo García, vencedor da proba de fondo na estrada da primeira xornada da competición, o sábado.
Xa o domingo Jesús Rodríguez foi o máis rápido na cronoescalada, desde a Porta do Sol ata O Castro, cun tempo de 6 minutos e 6 segundos.
Para completar a actuación do Froiz na proba de fondo que pechaba o Díptico, con 15 voltas ao circuíto habilitado no Monte do Castro, o vendecor foi Aarón Mariño.
En definitiva tres triunfos nas catro probas disputadas e un podio na xeral final, ao ser Guillermo García terceiro sumando a puntuación das dúas xornadas.
Relacionadas:
-
Unha escapada dá a Óscar Brea o triunfo na Volta a Cantabria
Por Redacción |
-
O Froiz, a consolidar o seu liderado no ránking nacional na Volta a Cantabria
Por Redacción |
-
Óscar Brea leva a Volta a León
Por Redacción |
-
Dobre podio para o Froiz no Campionato Galego Contrarreloxo por equipos
Por Redacción |