Cos 18 dispoñibles a Navalcarnero na busca da primeira vitoria a domicilio
Por Diego Espiño
Quere dar continuidade o Pontevedra Club de Fútbol á vitoria do pasado domingo ante a Cultural Leonesa logrando estrearse a domicilio na visita a un estadio que trae gratos recordos aos granates, o Mariano González de Navalcarnero, xa que alí rompeu o seu mal fario como visitante no momento clave da pasada tempada.
Os granates visitan este sábado (18:00 horas) a un Navalcarnero que marcha segundo na táboa con 4 puntos e que é "totalmente diferente" ao de hai só uns meses. "Los veo aguerridos, peleones, un equipo incómodo", recoñeceu Luismi antes de poñer rumbo a terras madrileñas.
O técnico quere "hacer buenos los tres puntos de casa", pero sabe que para iso "debemos estar defensivamente muy sólidos".
É precisamente nesa liña onde se verá obrigado a introducir cambios o adestrador do Pontevedra, ante as baixas por lesión de Adrián León e Nacho Lorenzo, que se sumaron esta semana a unha enfermería na que aínda se atopa Pibe.
Eles son as tres únicas ausencias nunha convocatoria que completan os 18 futbolistas do primeiro plantel dispoñibles, isto é: Edu, Ualoloca, Nacho López, Campillo, Churre, David Castro, Juan Barbeito, Kevin, Álex Fernández, Jesús Barbeito, Pedro Vázquez, Javi López, Mouriño, Álex González, Romay, Berrocal, Javi Pazos e Arruabarrena.
O Navalcarnero chegará á cita ademais con pouco descanso tras o seu partido do mércores en Copa do Rei, onde formou cun equipo teoricamente cargado de titulares, aínda que é unha situación que segundo Luismi non afectará o desenvolvemento do encontro xa que "ha habido días suficientes de descanso".
O colexiado do encontro será Miguel Domato Pedreira, da delegación territorial balear.
Relacionadas:
-
Reacciona ben o Pontevedra para rabuñar un punto en Navalcarnero (1-1)
Por Redacción |
-
O Navalcarnero cae en Copa do Rei antes de medirse ao Pontevedra
Por Redacción |
-
As baixas na defensa, unha oportunidade "para otros futbolistas que van a tener que dar un paso al frente"
Por Diego Espiño |
-
Pendentes do estado físico de Adrián León e Nacho Lorenzo
Por Redacción |
-
Álex González fai estalar Pasarón no desconto para derrotar á Cultural Leonesa (2-1)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |