O Marcón mantense invicto, o Sanxenxo golea no Grove e o Amanecer en Cambados
Por Redacción
Mantense colíder do Grupo Sur de Preferente o Marcón Atlético despois de tres xornadas nas que non coñeceu a derrota.
Os pontevedreses empataron sen goles no campo do Bande nun duelo tremendamente disputado e suman 7 puntos de 9 posibles empatados no alto da táboa co Pontellas.
Consulta a acta do Bande-Marcón Atlético.
A goleada da xornada logrouna o Xuventú Sanxenxo, que firmou a súa primeira vitoria do curso ao vencer con autoridade ao Unión Grove a domicilio (0-5).
Diego Lorenzo foi protagonista do duelo. Seus foron os tres primeiros goles, empezando polo minuto 7 de xogo e seguindo no ecuador da primeira metade co segundo. Tentou reacción o cadro meco, pero atopouse co 0-3 ao comezo da segunda metade e xa pouco puido facer. Adrián Freire de penalti e Jonatan xa no último minuto redondearon o resultado para os amarelos.
Este resultado fai que o Sanxenxo suba ata a quinta posición con 5 puntos, mentres que o Grove pecha a táboa con 1.
Consulta a acta do Unión Grove-Xuventú Sanxenxo.
A nova categoría sentoulle ben ao Amanecer, que esta xornada venceu con autoridade no campo doutro recentemente ascendido, o Juventud Cambados (0-3).
Os do Grove tomaron vantaxe xa no minuto 7 de xogo por medio de Augusto, futbolista que repetiu no 77 encarrilando un duelo aberto ata eses momento, completántose a goleada no último instante.
A vitoria coloca ao amencer cuarto con 6 puntos, mentres que o Cambados con 4 puntos queda no posto 13.
Consulta a acta do Juventud Cambados-Amanecer.
Empate sen goles o asinado polo Villalonga fóra da casa ante o Antela.
Os celestes, aos que lles está custando adaptarse á nova categoría pero que xa suman 4 puntos para colocarse na oitava posición.
Consulta a acta do Antela-Villalonga.
A derrota da xornada encaixouna o Beluso, que visitaba o campo do Valladares (4-1).
Os de Bueu víronse por baixo no ecuador da primeira metade, e o seu intento de reacción quedou lastrado polo segundo tanto local ao fío do descanso. O Valladares chegou a poñerse 4-0 antes de que o Beluso conseguise o tanto que maquillaba un pouco o resultado.
O Beluso acumula 3 puntos nas tres primeiras xornadas e queda colocado no posto 15.