Moraña oferta oito modalidades nas súas escolas deportivas
Por Redacción
O Concello de Moraña ofertará ata 8 modalidades nas súas Escolas Deportivas Municipais para o curso que comeza.
Clases de patinaxe, judo, baloncesto, motricidade, zumba-bodyjump, multideporte e actividades adaptadas para nenos de 5 a 15 anos de idade compoñen a oferta para o público infantil, mentres que para os maiores de 60 anos programouse ximnasia de mantemento.
As tres primeiras modalidades están subvencionadas pola Deputación, polo que poderán inscribirse nenos e nenas doutros municipios empezando o 8 de outubro, mentres que as do Concello iniciarán a súa actividade esta próxima semana.
En canto á escola municipal de actividades adaptadas, a pesar de que está orientada para os nenos, ábrese a súa participación a persoas de todas as idades, se hai demanda, para favorecer a súa inclusión.
As persoas interesadas en formalizar a súa inscrición poderán facelo ata o 28 de setembro, de maneira gratuíta, na Biblioteca Pública Municipal.