Sanxenxo perfílase como xornada decisiva na Volta a Galicia de ciclismo
Por Redacción
O concelleiro de deportes de Sanxenxo, Jesús Sueiro, e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, presentaron os pormenores da segunda etapa da Volta Ciclista a Galicia 2018, que terá saída e chegada no municipio o vindeiro venres 21 de setembro.
O inicio da etapa darase ás 13:00 horas desde o Paseo de Silgar, co obxectivo de chegar a multitude de veciños e afeccionados, e tanto na saída como na chegada o pelotón percorrerá diversas rúas do centro urbano e de Portonovo.
En apenas 20 quilómetros o pelotón volverá pasar por Sanxenxo para disputar a primeira meta volante do día, mentres que a segunda meta intermedia terana en San Xoán de Poio a 33 kilometros da chegada.
A xornada preséntase como decisiva na rolda autonómica, cun un trazado de 148 quilómetros que discorrerán pola localidades de Vilalonga, Cambados, Vilagarcía, Catoria, Caldas de Reis, Barro, Leiro, Samieira e Sanxenxo e onde os ciclistas deberán afrontar as ascensións aos altos de Carracedo (3ª Categoría), O Busto (2ª Categoría) e A Escusa (1ª Categoría).