O Arxil progresa pero queda fóra da Copa Galicia ao perder ante o Cortegada (69-68)
Por Redacción
Non estará na final da Copa Galicia o Club Baloncesto Arxil, pero case é o de menos para o equipo pontevedrés. O importante era ir progresando durante a pretempada e mellorando para chegar ben ao comezo da Liga Feminina 2.
Iso é xusto o que pasou este mércores no segundo encontro da competición autonómica. Se no seu debut as verdes perderan de maneira clara ante o Celta (74-43) esta vez mostraron unha boa imaxe ante outro rival do seu mesma categoría, o Cortegada de Vilagarcía (69-68).
As pupilas de Mayte Méndez tiveron o encontro na súa man, dominando durante gran parte do mesmo e chegando a vencer por 49-60 mediado o último cuarto, pero terminaron cedendo nuns últimos minutos frenéticos ante o empuxe arousán.
A anotación no Arxil estivo moi repartida, con catro xogadoras por encima dos 10 puntos como Arantxa Mallou (12), Sierra Clark (13), María Lago (15) e Gala Mestres (13).
A pesar de non poder acceder xa á fase final, as pontevedresas aínda xogarán un encontro máis da Copa Galicia, esta vez na casa ante o Maristas da Coruña o vindeiro sábado 22 de setembro.
Relacionadas:
-
O recentemente ascendido Mataró, primeiro exame ligueiro para o Arxil na Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
O Arxil despídese da Copa Galicia cunha nova derrota, esta vez ante Maristas
Por Redacción |
-
O plantel do Arxil pasa recoñecemento médico no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez
Por Redacción |
-
Todo a punto no Arxil para o inicio dun novo curso
Por Redacción |