Irene Trabazo e Iván Feijóo estrean a tempada galega de ciclocrós vencendo en Poio
Por Redacción & Diego Torrado
A segunda edición do Ciclocrós Poio Móvese, celebrada este domingo na zona da Seca, serviu de inauguración da tempada de inverno para o ciclismo autonómico.
A proba, primeira do calendario da Copa Galicia de Ciclocrós, confirmou a superioridade de Irene Trabazo (Club Ciclista Marín) na proba feminina e de Iván Feijóo (Maceda) na masculina.
O evento bateu os rexistros de 2017 coa presenza de 91 participantes na categoría máster 40 que xunto aos máster 50 foron os encargados de abrir o programa de competición do día. O portugués Antonio Sousa entre os 50 e Xacob Agra en 40 foron os mellores neste pelotón.
En máster 30 alcanzouse o medio cento de participantes con vitoria para Andrés Calvete, mentres que en cadetes venceron Miguel Rodríguez (Ponteareas) e Laura Capa (Marín). Xoel Montes e Carla Fernández completaron a nómina de gañadores na categoría júnior.
A tempada galega de ciclocrós xa non para e mira cara ás súas próximas citas, o venres 12 en Santiago de Compostela e o domingo día 14 en Marín coa estrea dunha proba de carácter internacional.
Relacionadas:
-
Irene Trabazo reforza en Ferrolterra o seu liderado na Copa Galicia de ciclocrós
Por Redacción |
-
Positivo inicio do Club Ciclista Marín na Copa de España de Ciclocrós
Por Redacción |
-
O ciclocrós vólvese internacional en Marín
Por Redacción |
-
A segunda edición do Ciclocrós de Poio reunirá a máis de 300 deportistas
Por Sofía Lorenzo |
-
Irene Trabazo, satisfeita coa súa primeira participación mundialista
Por Diego Espiño |