O Arosa rompe ante o Bergantiños a súa xeira de seis vitorias con dúas expulsións (0-2)
Por Redacción
Despois de 8 xornadas de liga nas que o Arosa lograra seis vitorias, catro delas en casa, o conxunto do Salnés cae ante o líder da clasificación, invicto de momento, o Bergantiños. Desta forma, o Arosa afiánzase na segunda posición catro puntos por baixo do cadro coruñés, que vai gañando vantaxe.
O primeiro gol dos visitantes encaixouno o Arosa no minuto 9 da primeira parte, de man de Rubén Rivera. Pola súa banda, tivo que xogar o Arosa cun home menos no campo a partir do minuto 45, xa que o colexiado expulsou a Miguel Domínguez.
Dous minutos despois, o Bergantiños, por medio dunha acción de Borja Facal, anotou o segundo tanto que lle deu a vitoria e os tres puntos. Nos últimos minutos de xogo, os do cadro pontevedrés foron tan só 9 no campo a causa doutra expulsión, esta vez de Manuel Rodríguez.
Consulta o acta do Arosa-Bergantiños.
Pola súa banda, o Ribadumia, sexto clasificado, non logrou plantarlle cara ao Villalbés, que ocupa a décima quinta posición da táboa (1-1). O encontro estivo realmente igualado desde o inicio. O primeiro gol puxo ao conxunto pontevedrés por diante no marcador no minuto 5 da primeira metade. Foi executado por Fran González.
Despois do paso polos vestiarios os de Ribadumia seguían sendo vencedores e non foi ata o último minuto de xogo (90'), que Xusto Pardeiro coou o balón na portería de Anxo Expósito igualando o encontro e quitándolle aos visitantes os tres puntos.
Consulta o acta do Villalbés-Ribadumia.
Conseguiu o Céltiga plantarlle cara ao Boiro nun intenso partido no Municipal Barraña (1-2). O primeiro tanto, de Jacobo Millán cinco minutos despois do asubío inicial, lles otrogaba aos visitantes a vitoria, ata que no 20', Marcos Yáñez empatou o encontro.
Antes do paso polos vestiarios xa estaba decidido o resultado, xa que no minuto 44, Manuel Calvar marcou o gol do desempate e da vitoria ao oitavo clasificado, co que xa van os pontevedreses recortando aos poucos distancias.
Relacionadas:
-
O Arosa deixa atrás a súa mala xeira cunha vitoria ante o Porriño Industrial (3-0)
Por Redacción |
-
O Arosa pon fin a dúas malas xornadas cun empate ante o Ourense (1-1)
Por Redacción |
-
O Arosa suma, ante o Racing de Ferrol, a súa segunda derrota consecutiva (0-1)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Arosa logra a súa sexta vitoria, o Céltiga cae ante o Barco e o Ribadumia gaña na casa
Por Sofía Lorenzo |