O Squash Pontevedra, protagonista na Copa de España Sub-19
Por Redacción
A Copa de España Sub-19 de squash celebrada durante a fin de semana no Milladoiro, nas instalacións do Squash Santiago, tiveron acento pontevedrés.
O Squash Pontevedra conseguiu dúas medallas e quedou ás portas dunha terceira.
Marta Domínguez foi a que logrou un mellor resultado, ao levar a medalla de ouro no cadro feminino. No seu camiño cara á final só cedeu unha manga nas semifinais, conseguindo no partido polo título un claro 3-0 anye a murciana Ingrid Ruíz (11-5, 11-5 e 11-3).
Ás portas do título quedou pola súa banda en categoría masculina o pontevedrés Pablo Quintana, que tivo que conformarse coa prata ao caer na final ante o tinerfeño Iván Pérez por 1-3 (8-11, 9-11, 14-12 e 5-11).
Completou o papel do Squash Pontevedra María Domínguez cun cuarto posto, tras perder na pelexa polo bronce ante Noa Romero.
Relacionadas:
-
Recepción municipal a Marta Domínguez, xogadora do Squash Pontevedra
Por Redacción |
-
Marta Domínguez, do Squash Pontevedra, proclámase subcampioa de España absoluta
Por Redacción |
-
Galicia gaña o Campionato de España de squash de comunidades disputado en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Marta Domínguez e Xisela Aranda ascenden con España á 1ª División europea de squash
Por Redacción |
-
O squash reclama protagonismo a base de medallas
Por Redacción |