O Teucro viaxa a Huesca a por dous puntos que lle dean un "plus de energía y de ánimo"
Por Diego Espiño
Un triunfo que de "un plus de energía y de ánimo" é o que precisa e o que busca a Sociedad deportiva Teucro este sábado (20:00 horas) en Huesca, onde aspira a lograr a súa primeira vitoria visitante do curso.
Os azuis viaxan á cidade aragonesa coa baixa de Samu Gómez por lesión e tras unha semana na que os problemas físicos de varios xogadores impediron traballar a pleno rendemento. Con todo, só o pivote non entrou na convocatoria de Luís Montes.
O técnico cre que "una de las claves va a estar en intentar ser solventes en ataque" para facer fronte ao "buen desempeño defensivo" dos oscenses, principalmente da parella central do 6-0 defensivo co ex-teucrista Gonzalo Carró e con Bonano.
"Es un rival muy complicado, que ya ha jugado contra toda la zona alta con muy buenos resultados", destaca Montes, aínda que sen renunciar a buscar dous puntos que relancen as aspiracións do seu equipo.
Os colexiados do encontro serán os cántabros Jesús e Jorge Escudeiro Santiuste.