O Mundial Sub-23 de Loita en Romanía, obxectivo de Lydia Pérez
Por Redacción
Con ilusión e ganas de realizar un bo papel desprázase Lydia Pérez a Bucarest, Romanía.
A deportista do Club de Loita Pontevedra participará esta semana no Campionato do Mundo Sub-23 de Loitas Olímpicas que se celebra entre o 13 e o 18 de novembro.
Trátase dun dos grandes obxectivos da tempada para a pontevedresa, para o que se preparou a conciencia tanto dentro do grupo de rendemento do Centro Galego de Tecnificación Deportiva como en concentracións co equipo nacional.
Lydia desprázase á cita para competir na categoría de 62 quilos de loita libre feminina.
Xunto a ela, compoñen o equipo nacional a navarra Aintzane Gorria, a balear Graciela Sánchez e a cántabra Estefanía Ramírez, ademais de Alejandro Concepción na modalidade de loita grecorromana.
Relacionadas:
-
Lydia Pérez despídese do Mundial Sub-23 de loita na fase de clasificación
Por Redacción |
-
Lydia Pérez, bo resultado en Francia e concentración co equipo nacional en Hungría
Por Redacción |
-
Lydia Pérez e Pablo García abren a tempada en Francia
Por Redacción |
-
Lydia Pérez perde o combate polo bronce nos Xogos Mediterráneos
Por Alejandro Espiño |