Evaristo Portela e Nieves Gamallo reciben a distinción da Xunta ao mérito deportivo
Por Redacción
O Auditorio Abanca de Santiago de Compostela foi escenario este martes da entrega das Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia 2018 que outorga a Xunta.
En total entregáronse 26 recoñecementos á traxectoria e achega ao mundo do deporte, entre os que se atopaban os pontevedreses Evaristo Portela e Nieves Gamallo.
"Hoxe as nosas deportistas poden inspirarse en Natividad Astray, pero tamén en Nieves Gamallo", sinalou no seu discurso o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, lembrando que non só gozou do balonmán como xogadora, senón que achegou o seu esforzo ao desenvolvemento do seu deporte.
Pola súa banda Núñez Feijóo destacou o "liderado" de Evaristo Portela, primeiro como ciclista e despois como director o últimas tres décadas do Grupo Deportivo Supermercados Froiz.
O resto de distincións da Xunta ao mérito deportivo foron para: Alberto Torreiro Santiso (atletismo), Alfonso Pazos Martínez (baloncesto), Cesáreo Rivera Pérez (fútbol), Conrado Durántez Corral (directivo COE), Francisco 'Pucho' Boedo Vázquez (judo), Guillermo González López (fútbol sala), Ismael Fabián Santos Rodríguez (baloncesto), Javier Álvarez Salgado (atletismo), Jesús Iglesias Rodríguez (tenis), José Ángel 'Pepe' Casal Fernández (baloncesto), José Fernández Alborés (tenis de mesa), José García Cabreros (fútbol e hóckey patíns), José Teixeira Alonso (atletismo), Juan Carlos Conde Silva (kick boxing), Julia Estévez Mengotti (mestra de Educación Física), Luis Nogueira Fernández (atletismo), Manuel Losada Zon (xornalista deportivo), Mauricio Monteserín Gómez (remo), Natividad Astray Goicoechea (atletismo), Pablo Rodríguez Vázquez (ciclismo), Paulino Martínez Otero (balonmán), Teresa Martínez Cancelo (hóckey patíns), Victorio Alonso Martínez (baloncesto) e o Colexio Manuel Peleteiro.
No seu discurso, o presidente do goberno galego lembrou a figura de Suso Morlán, falecido recentemente en Brasil e que foi unha figura clave para o piragüismo galego como parte responsable das cinco medallas olímpicas de David Cal.
Relacionadas:
-
Retos ambiciosos do Froiz no inicio da súa 31 tempada no pelotón
Por Diego Espiño |
-
Estudos biomecánicos como preludio á tempada do Froiz
Por Redacción |
-
O Froiz presenta a súa nova arma para unha tempada na que aspira a todo
Por Redacción |
-
A Xunta outorga a Evaristo Portela e Nieves Gamallo a distinción ao mérito deportivo
Por Redacción |