O Marcón Atlético gaña ante o Velle no Carrasco (2-0)
Por Sofía Lorenzo
Un gol aos poucos minutos de empezar e outro no desconto, tras unha expulsión por parte do equipo visitante, o Velle, (83'), dá os tres puntos ao Marcón Atlético. Vitoria importante ante un rival directo, que afianza aos pontevedreses na zona media da táboa.
O primeiro gol chegou por parte de Iván e o segundo pola de Martín López. Entre os dous, suman xa 5 goles esta tempada.
Consulta a acta do Marcón Atlético-Velle.
Cinco goles foron os que encaixou o Villalonga esta xornada ante o Estradense. Resultado moi avultado que fai alongar a súa serie de derrotas (seis consecutivas), e relégao á parte baixa da táboa.
Os tantos locais chegaron por parte de Borjita aos 20 minutos do comezo do encontro, Jorgito (26' e 60'), Juanito (32') e Manuel Fuentes xusto antes do pitudo final.
Consulta a acta do Estradense-Villalonga.
Un gol decisivo de Chema no minuto 68 dálle a vitoria ao Juvenil de Ponteareas ante o Xuventú Sanxenxo este xoves en Pardellas. Os do Salnés enlazan tres derrotas consecutivas e, co de hoxe, suman 6 partidos sen gañar, feito que os coloca na décima sexta posición da táboa clasificatoria.
Consulta a acta do Juvenil-Xuventú Sanxenxo.
O USD O Grove suma unha nova derrota ante o Mondariz por 2-0 na Lagoa. Resultado que prolonga unha situación complicada para o equipo grovense e que o mantén colista do seu grupo.
Os goles locais foron anotados por Hugo Tei, no 14' da primeira metade, e por Varo, a un minuto do termo do partido.
Consulta a acta do Mondariz-USD O Grove.
Pola súa banda, o Beluso suma unha nova vitoria (10 desde o comezo da tempada) ante o Antela en As Laxes, o que lle asegura, polo menos unha semana máis, a terceira posición (31 puntos).
Comezaron gañando os visitantes, que, por medio de Jony, lograron marcar no 67'. No 88', Jorge Segura empatou o partido e, finalmente, Adri Estévez deulles a vitoria aos locais co definitivo 2-1 no último minuto.
Consulta a acta do Beluso-Antela.
Partido moi igualado o que se disputou entre o Amanencer e o Alertanavia en Lampáns e que finalizou con repartición de puntos. Aínda que houbo ocasións durante todo o encontro para que isto cambiase, este quedou sentenciado na primeira metade con catro tantos (dous por parte de cada equipo).
O primeiro deles foi anotado por Cano a 9 minutos do comezo. Con todo, Gabri conseguiu empatar no 16' de penalti. Os visitantes volveron poñerse por diante cun gol de Capelo, pero, un minuto despois, César Fontán igualou de novo o marcador establecendo o resultado definitivo.
Relacionadas:
-
O Marcón Atlético perde no Carrasco ante un contundente Cultural Areas (0-2)
Por Redacción |
-
O Marcón Atlético empata sen goles ante a Unión Deportiva Atios
Por Redacción |
-
Triunfo a domicilio do Marcón ante o Alertanavia que lle fai escalar posicións (2-4)
Por Redacción |
-
Jony, del Antela, amarga la jornada al Marcón Atlético (3-0)
Por Redacción |
-
O Marcón salva un punto 'in extremis' e arranca un empate ante o Unión O Grove (1-1)
Por Redacción |