Luismi, satisfeito porque o plantel "se cuidó en vacaciones"
Por Diego Espiño
O turrón non foi un problema este ano para o primeiro plantel do Pontevedra Club de Fútbol. Así o asegurou Luismi na súa primeira comparecencia do ano ante os medios de comunicación.
"Estamos muy contentos porque la gente se cuidó en vacaciones", asegura o técnico en relación ao plan de traballo imposto aos xogadores durante os días de descanso. Pasado este período, todos céntranse xa no primeiro encontro oficial de 2019, o do próximo domingo 6 de xaneiro (18:30 horas) en Pasarón ante o Real Madrid Castilla.
Para esa cita, ademais do lesionado Javi López, non chegará aínda Álex Fernández a pesar de que traballa ao mesmo ritmo que os seus compañeiros, xa que "le falta ritmo" tras varios meses afastado dos terreos de xogo.
Luismi sinalou ademais que tras un "buen año" en 2018 "queremos más para 2019", e recoñeceu que coa apertura do mercado de fichaxes "hay posibilidades" de reforzar ao equipo especialmente trala lesión de Javi López, polo que "se están viendo cosas" sempre que cheguen "para mejorar".
Outro dos propósitos de ano novo para o preparador granate é conseguir unha maior afluencia ao Estadio Municipal de Pasarón, esperando que "todos se ilusionen y se enganchen otra vez al equipo".
Relacionadas:
-
Tres goles como tres 'Reis' para un Pontevedra que varre ao Real Madrid Castilla (3-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Ambición no Pontevedra ante a visita do Real Madrid Castilla
Por Diego Espiño |
-
De Madrid a Pontevedra por amor a unhas cores
Por Diego Espiño |
-
Ánimos renovados na volta ao traballo do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra CF goza dunhas merecidas vacacións antes de abordar o partido contra o Real Madrid Castela
Por Sofía Lorenzo |
-
A eficacia do Atlético de Madrid B imponse ao xogo gris do Pontevedra (2-0)
Por Redacción |
-
Javi López, tras a súa grave lesión: "Ahora voy a ser un aficionado más"
Por Diego Espiño |