Pablo Dapena e Javi Gómez Noya dan os seus primeiros pasos de pretempada en Pontevedra

Por Diego Espiño
Co inicio do novo ano a actividade intensifícase para dúas dos máximos expoñentes do deporte pontevedrés como Pablo Dapena e Javier Gómez Noya, inmersos xa na súa pretemporada.
Os dous campións mundiais coincidiron estes días en Pontevedra, onde compartiron como é costume adestramentos pola zona da Illa das Esculturas xunto a outros compañeiros como Diego Paz.
Na mente de ambos aparece este ano unha cita, o Campionato do Mundo de Longa Distancia que se celebrará na Boa Vila a principios de maio, e onde Dapena defenderá a súa condición de campión. O pontevedrés confirmou a cita como un dos seus principais obxectivos do ano, mentres que Gómez Noya sinalou en máis dunha ocasión a súa intención de participar e competir ante os seus, aínda que polo momento non desvelou se en 2019 repetirá o asalto ao Ironman de Hawaii ou pola contra volverá mirar á distancia olímpica pensando en Tokyo 2020.
No caso de Pablo Dapena, a súa tempada contará con outra cita clave, o Mundial Ironman 70.3 de Niza para o que tentará clasificarse. Antes a flamante fichaxe do Team BMC será o primeiro en deixar a cidade de Lérez buscando temperaturas máis cálidas para os seus adestramentos, xa que este mesmo sábado 5 de xaneiro partirá cara a Lanzarote para participar nunha concentración do seu novo equipo, tendo pensando prolongar a súa estancia en Canarias ata principios de marzo.
Pola súa banda Javi Gómez Noya permanencerá en Pontevedra uns días máis antes de regresar a mediados de mes a Nova Zelandia, onde contraeu matrimonio hai escasas datas e onde ten previsto coa súa preparación.
Relacionadas:
-
Pablo Dapena, ante o Mundial de Pontevedra: "Se Javi (Gómez Noya) vai competir realmente a presión é para el"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Gómez Noya busca a clasificación para o Mundial Ironman 70.3 na súa primeira competición do ano
Por Redacción |
-
Gómez Noya confirma a súa presenza no Mundial de Pontevedra e o seu regreso á distancia olímpica
Por Redacción |
-
Pablo Dapena estrea as cores do seu novo equipo, o Team BMC
Por Redacción |
-
Pablo Dapena ficha polo equipo profesional BMC Vifit Sport de tríatlon
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya, ás portas dos dez mellores do Ironman de Hawái
Por Redacción |