Gómez Noya busca a clasificación para o Mundial Ironman 70.3 na súa primeira competición do ano

Por Redacción
Catro meses despois da súa última competición, no Ironman de Hawaii, Javier Gómez Noya volve ao rodo estreando unha tempada na que volverá á distancia olímpica pensando nos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020.
Con todo a estrea do campeonísimo galego producirase na media distancia, concretamente no Ironman 70.3 de Geelong (Australia), que se disputa o vindeiro domingo 17 de febreiro (21:00 horas do sábado en España).
Aproveitando a súa pretempada en Nova Zelandia, Gómez Noya debuta nunha cita na que buscará a clasificación para o Mundial 70.3 de setembro en Niza, algo que conseguiría gañando a carreira.
Como principais rivais na liña de saída aparecen nomes como Sam Appleton, vencedor en 2018, Josh Amberger e Craig Alexander.
De paso a proba servirá de posta a punto para as Series Mundiais. Nesta competición, na que acumula cinco títulos, ten previsto estrearse na segunda data do calendario, o 27 de abril en Bermuda, renunciado a Abu Dhabi (distancia sprint). Unha estrea que chegará unha semana antes do Campionato do Mundo de Longa Distancia de Pontevedra (4 de maio) no que tamén confirmou a súa presenza.
Relacionadas:
-
Gómez Noya arrasa no Ironman 70.3 disputado en Australia
Por Redacción |
-
Gómez Noya, Pablo Dapena e Saleta Castro, na preselección española para o ITU Multisport Festival de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya confirma a súa presenza no Mundial de Pontevedra e o seu regreso á distancia olímpica
Por Redacción |
-
Pablo Dapena e Javi Gómez Noya dan os seus primeiros pasos de pretempada en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya, ás portas dos dez mellores do Ironman de Hawái
Por Redacción |