Gómez Noya, Pablo Dapena e Saleta Castro, na preselección española para o ITU Multisport Festival de Pontevedra

Por Diego Espiño

© Diego Torrado

© PontevedraViva
A afección pontevedresa poderá apoiar aos seus máximos referentes no mundo do tríatlon durante o ITU Multisport Festival que se celebrará na cidade entre o 27 de abril e o 4 de maio.
A Federación Española de Tríatlon fixo pública a preselección elite para os campionatos do mundo, cun claro protagonismo pontevedrés na especialidade da longa distancia.
Alí estará o vixente campión mundial, Pablo Dapena, do mesmo xeito que o campeonísimo Javi Gómez Noya, que recentemente confirmou o seu desexo de estar na liña de saída da proba. Xunto a eles na proba de longa distancia (4 de maio) o tudense Gustavo Rodríguez, campión nacional na longa e media distancia. Completa a preselección masculina Albert Moreno, bronce europeo de media distancia, e o vasco Ander Okamika, subcampión de España en 2018.
Outro dos nomes para seguir aparece na categoría feminina coa pontevedresa Saleta Castro, en busca dun gran resultado na casa e nun equipo no que tamén figuran Gurutze Frades, Anna Noguera, Judith Corachán e María Pujol.
En dúatlon o referente do equipo español serán o andaluz Emilio Martín e a xoven Irene Loizate, podio no último europeo, estando o resto de prazas aínda no aire.
Pola súa banda na modalidade de tríatlon cros España contará co actual campión do Mundo, Rubén Ruzafa, xunto a Kevin Tarek Viñuela, Laura Gómez, Camilo Puertas e Rocío Espada.
Relacionadas:
-
Saleta Castro, Gómez Noya e Pablo Dapena, confirmados no equipo nacional do ITU Multisport Festival
Por Redacción |
-
Pablo Dapena estrea tempada con triunfo en Portugal
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena, ante o Mundial de Pontevedra: "Se Javi (Gómez Noya) vai competir realmente a presión é para el"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Gómez Noya pon data para a súa volta ao calendario ITU, a Copa do Mundo de New Plymouth
Por Redacción |
-
O ITU Multisport Festival modifica o seu calendario debido ás eleccións xerais
Por Redacción |
-
O ITU Multisport Festival de tríatlon chega á cifra de 250 voluntarios
Por Redacción |
-
O ITU Multisport Festival, "vítima colateral" da convocatoria electoral de Pedro Sánchez
Por Alejandro Espiño |
-
Gómez Noya busca a clasificación para o Mundial Ironman 70.3 na súa primeira competición do ano
Por Redacción |
-
Máis de 600 triatletas nacionais inscribíronse xa para o ITU Multisport Festival de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Toda a información do ITU Mulstisport Festival de tríatlon, en 13 infografías
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya confirma a súa presenza no Mundial de Pontevedra e o seu regreso á distancia olímpica
Por Redacción |
-
CGTD, Pazo da Cultura e Alameda serán os tres núcleos operativos do ITU Multisport Festival
Por Redacción |