O Visit Pontevera di adeus aos postos de descenso tras a vitoria ante o Cambados (4-1)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado
Despois de 12 xornadas, o Visit Pontevedra conseguiu, por fin, romper a súa laxa de malos resultados coa súa primeira vitoria, nesta ocasión ante o Cambados nun importante derbi disputado no pavillón do Príncipe Felipe. Con estes dous puntos, os do club de Monte Porreiro líbranse, polo menos polo momento, dos postos de descenso. É, pola súa banda, o cadro do Salnés o que descende ata a zona de perigo ao non ser quen de plantarlle cara aos pontevedreses no choque directo desta fin de semana.
A cita coincidiu co debut en casa dos dous novos integrantes do equipo local: Tsai Chun Yu e Martín Betancor, que xa se estrearon a pasada semana ante o San Sebastián de los Reyes.
O primeiro duelo protagonizárono Javier Soria e Chun Yu, que logrou, do mesmo xeito que na pasada xornada, abrir o marcador. A continuación, foi a quenda de Betancor, que gañou con comodidade ao rival visitante, José Manuel Ruiz (0-3). Co resultado de fronte para os de casa (0-2), chegou a oportunidade do pontevedrés, Nacho Fernández, de aumentar a renda no electrónico ao medirse a Fernando Fernández. Nese momento, gañaron os cambadeses o único punto do partido. Tras os últimos dous enfrontamentos, que liquidaron con superioridade os dous recentemente chegados ao club, o Visit Pontevedra coroouse vencedor dunha das probas máis importantes da tempada (4-1).
A próxima semana, terá que viaxar ao País Vasco para afrontar o encontro ante o Irún Leka Enea, un dos pesos pesados da categoría.
Consulta a acta do partido entre o Visit Pontevedra e o Cambados.