O equipo xuvenil do Waterpolo Pontevedra saca billete para o Nacional
Por Redacción
Por quinto ano consecutivo o Club Waterpolo Pontevedra conseguiu o título de campión galego xuvenil, o que lle supón como premio dobre a para o Campionato de España Masculino de 2ª Categoría.
Fíxoo o club pontevedrés ao vencer no campionato autonómico celebrado a fin de semana na Escola Naval de Marín, coa presenza de CN Coruña, CW Santiago e RCN de Vigo.
O torneo disputouse en formato de liguiña, facéndose co primeiro posto o Pontevedra ao vencer en todos os seus encontros. Primeiro superou o RCN Vigo, que quedaría segundo no campionato, por 7-13, despois gañou a Santiago por 7-10 e pechou a súa participación gañando o CN Coruña por 12-6.
Trátase dun resultado de mérito ao conseguilo cun equipo no que non competía ningún xuvenil de segundo ano e só con só 5 xuvenís dos 14 xogadores que participaron no campionato.
A medalla de bronce autonómica foi finalmente para o CW Santiago quedando en cuarta posición do CN Coruña.