Cita para o piragüismo galego no Pontillón do Castro por segunda semana consecutiva
Por Redacción
Por segunda fin de semana consecutiva o Complexo Deportivo David Cal, no encoro de Pontillón do Castro en Verducido, centrará a atención do piragüismo autonómico.
Na pista pontevedresa disputarase durante a mañá deste sábado 2 de marzo o Campionato Galego de Inverno individual para as categorías infantil e cadete.
A competición celebrarase sobre a distancia de 5.000 e 3000 metros, cunha participación de máis de 550 padexeiros de 39 equipos da comunidade.
A primeira das saídas da xornada está prevista para as 10:00 da mañá coa participación das mulleres infantís B da modalidade de kaiak, pechando a competición os cadete kaiak masculino ás 13:30 horas, sendo esta a saída máis numerosa do día con máis de 130 participantes.
Na competición de novas promesas os clubs con maior representación serán o Náutico Pontecesures e Náutico Firrete con 56 e 42 deportistas respectivamente.